CLUB ATLETAS CANINOS 2.0




Vaya al Contenido

Menu Principal:

Reglamento

Eventos y Competiciones



                               REGULAMENTO DA  RUTA DE SENDERISMO DO 1 DE MAIO DE 2014

                                                                   “Ruta de senderismo con cans”


• SOBRE OS/AS PARTICIPANTES:

o A ruta estará aberta a tódalas persoas españolas ou estranxeiras.
o A idade mínima de participación será de 12 anos (acompañados dun adulto obrigatoriamente)

• SOBRE OS CANS:

o Admítese a participación de tódalas razas de cans.
o Será responsabilidade dos donos dos cans, que os animais teñan  a cartilla de vacinacións correctamente actualizada (recomendase que tódolos cans teñan posta a vacuna antirábica así como a vacuna frente a tos das perreras).
o Deberán, así mesmo, levar correctamente implantado o microchip identificativo.
o O nome do can aparecerá obrigatoriamente na ficha de inscrición


SOBRE O CONTROL DOS CANS:

o O director da proba poderá, cando considere oportuno, prohibir a participación de calquer can que considere non apto para a práctica deportiva.

SOBRE O MATERIAL OBRIGATORIO:

  • Os cans deberán ir provistos de correa.

  • O microchip será obrigatorio.

  • Todo propietario debera levar consigo un bozal por cada can que leve

  • Os cans pertencentes a lista PPP deberan levar  a correspondente licencia municipal.

  • O  tipo de bozal non dificultará a respiración normal do can, polo que deberá ser de tipo canastra; Os de nylon e tela, a parte de ser totalmente desaconsexables , non están permitidos para a practica deportiva.

  • (adxuntamos listado oficial de cans potencialmente perigosos):


Razas
- American Staffordshire Terrier
- Staffordshire Bull Terrier
- Can de Presa Mallorquin
- Fila Brasileiro
- Presa Canario
- Bullmastiff
- American Pitbull Terrier
- Rottweiller
- Bull Terrier
- Dogo de Burdeos
- Tosa Inu
- Dogo Arxentino
- Doberman
- Mastín Napolitano
- Cruces das anteriores entre eles ou con outras razas obtendo unha tipoloxía similar:
 Máis de 20 kg de peso
 Perímetro torácico entre 60 e 80 cm
 Cabeza voluminosa e perscozo corto
 Forte musculatura
 Mandíbula grande e boca profunda
 Resistencia e carácter marcado
- Animais agresivos que morderan á persoas ou animales e cuxa agresión fora notificada ou poida ser demostrada.
- Cans adiestrados para o ataque.

SOBRE A ORGANIZACIÓN DA RUTA:


o Na reunión informativa o director de organización informará do trazado do circuíto, sistema de señalización, puntos de abastecimento de auga e calqueira cuestión que considere importante para el desenrolo da ruta.
o O dono do can é responsable das accións deste,  non podendo levar solto ó can en ningún momento a non ser que a organización da ruta señale un punto no que poder soltar os cans e decidir que cans poderan ir soltos e cales non.

• SOBRE AS NORMAS NA RUTA:

o Non se permitirán agresións físicas ou verbais ós cans (propios o alleos)
o Non se poderá  ensuciar ou degradar o itinerario, xa sexa con restos de avituallamiento o con heces dos cans (será obrigatorio levar bolsas para heces – durante a ruta principal será suficiente con afastar ó can do camiño principal).
o En caso de emerxencia será obrigatorio prestar axuda ó participante afectado e informar ó control máis próximo.

• CONTROL DE CANS:

o O dono do can será o responsable do seu animal en todo momento.
o Non se permiten cans desatados nin antes, nin durante, nin despois da ruta. O/A participante deberá levar consigo ó can en todo momento. A
organización da ruta pode sinalar un punto no que poder soltar os cans e decidir que cans poderan ir soltos e cales non.

o O inscribirse o corredor declara coñecer e aceptar o presente regulamento e faise responsable de calqueira dano que poida provocar a terceiros durante o desenrolo da ruta. É moi recomendable que o can teña un seguro de RC
o A organización non se fai responsable de ningún dano que poidan ocasiona-los cans ou seus donos durante o transcurso da actividade.



Regreso al contenido | Regreso al menu principal <