ATLETAS CANINOS
Salir
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Canitreking en Riveira 18/04/2015

Paginas anteriores


Dia 18 de Abril de 2015
Hora 16.00h
Lugar: Parque de San Roque en Riveira
Distancia 15km +/-
Inscripción Libre

O ITINERARIO ESTÁ ADAPTADO A PERSOAS AUTISTAS E GRAZAS Á SÚA CREACIÓN SE PUIDERON RECUPERAR VELLOS CAMIÑOS E OUTROS ELEMENTROS TRADICIONAIS

A celebración dunha andaina este sábado pola tarde servirá para abrir oficialmente a nova ruta de sendeirismo circular da parroquia de Carreira.

Os concelleiros Víctor  Reiriz (natural da parroquia) e Anxo Orellán (edil de Turismo), e -como integrantes da Asociación de Veciños de Carreira- Marivén Sampedro (presidenta) e Moncho Sampedro (un dos grandes especialistas en sendeirismo da comarca), foron os encargados de presentar esta actividade, programada para as 16 horas (para aqueles que a percorran a pé) e para as 17 horas (para quen a faga a cabalo). A saída é no parque de San Roque.

Anxo Orellán informou de que esta é a segunda ruta de sendeirismo circular habilitada no Concello tras a que se abriu en Corrubedo a finais do 2013. A intención é poder crear nove rutas, unha por parroquia, de tal xeito que ao final estean todas entrelazadas.

Pictogramas

Se a de Corrubedo chamouse SR-1, a de Carreira leva o nome de SR-4 e é a primeira ruta en Barbanza que está adaptada a persoas autistas a través dunha sinalización específica mediante pictogramas. É posible facela a pé, a cabalo ou en bicicleta.

O edil de Turismo agradeceu a colaboración das asociacións Amicos e Arasaac neste sentido e recalcou tamén o traballo desempeñado polo titular municipal de Deportes, Juan Luis Martínez. Tamén tivo palabras de gratitude para a Asociación de Veciños de Carreira, que asumirá a responsabilidade da súa conservación en virtude dun convenio asinado co Concello.

Segundo informou Moncho Sampedro, o itinerario ten unha lonxitude de 15 quilómetros. Parte do parque de San Roque para transitar por lugares como a aldea de Castro, O Vilar, o lavadoiro de Vixán (recentemente restaurado), Os Castelos, A Graña, a lagoa de Vixán, Gándara, Casalnovo, Monte da Cidá e Castro da Cidá, regresando de novo ao parque periurbano.

Para a súa posta en marcha foi preciso recuperar tres vellos camiños tradicionais que estaban intransitables: un nos Castelos, outro no Vilar e outro na Guía.

Víctor Reiriz manifestou que a creación desta ruta sirve para recordar a Carreira antiga, “unha Carreira chea de antigas tradicións que aínda están presentes na xente maior e se converva a través de muros e alboios”.

Aqueles que completen a andaina (na que colabora a empresa Gadis) poderán disfrutar dun pequeno picoteo no periurbano, no que de xeito extraordinario tamén terán a oportunidade de probar os xogos do novo ecoparque.

Palabras para Juan Manuel Tarela

Por último, cómpre resaltar as emotivas palabras de recordo que se tiveron para Juan Manuel Tarela: unha das persoas que máis estivo traballando na marcaxe da ruta, falecido recentemente  nas pedras de Couso. Os comparecentes foron moi efusivos á hora de lamentar esta perda e destacaron a ilusión posta no seu traballo .


Regreso al contenido | Regreso al menu principal