Porto do Son - Atletas Caninos

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Porto do Son

Competiciones > Temporada 2009-2010

Hoxe 19-12-2009 competimos no canicross de Porto do Son . Alí estaban os nosos amigos dispostos a dalo todo, e porsuposto estaba Garry na súa despedida e Yako no seu debut.
A carreira foi cortiña ideal para a velocidade de Hera , pero fixemos unha malísima saída e Hera liouse un pouco no tramo virado da herba.
O gañador foi un contundente Garry (a mellor forma de despedirse). En 2º lugar quedaron Fusco e Klaus facendo un crono exacto, que gracias a iso nos quedamos 3º.
Outro que fixo moi boa carreira foi o debutante Yako, que cos seus 10 meses promete moito.
E como non, dar a mais noraboa a todos; a Todd, Maya, Leo, Anubis, Laika, Area, Berta, Yaco...
Botamos en falta a Lana e Kika asi como a Toxo, Narco, e Rubi , e a non participación de Dalí que se quedou no público.
Para a próxima seguramente estemos todos xuntos

Regreso al contenido | Regreso al menu principal